Veciñanza

Aprobada a moción de Veciñanza para a defensa do Camiño da Misa da Louriña

O pasado xoves celebrouse o primeiro pleno de 2017. Nel foi aprobada a moción que presentabamos para reposición da legalidade e a defensa do camiño público da Louriña, o coñecido como ‘Camiño da Misa’. Este punto provocou unha brusca reacción do voceiro do Partido Popular contra o noso grupo, mesturando acusacións e mentiras para distorsionar o verdadeiro asunto en cuestión. Foi unha posta en escena verdadeiramente lamentable para adornar o seu voto en contra da nosa moción, en contra de que o Concello de Cuntis protexa un espazo público en defensa da maioría dos veciños/as.

O Goberno Local aproba en solitario os orzamentos para 2017

Recibimos o documento definitivo dos orzamentos cando pasaban poucos minutos das sete e media da tarde, a falta de tan só hora e media para o comezo do pleno. Pedimos que o punto se adiase a unha sesión extraordinaria para poder valorar con tempo a documentación recibida. O Alcalde Manuel Campos non aceptou a petición e teimou en aprobar as contas do ano que vén sen que os grupos da oposición dispuxeramos da documentación co tempo debido. Consideramos unha absoluta falta de ética esta decisión e non entendemos cal era a razón para asumir un erro e rectificalo debidamente, pero dende logo ante estas formas de ningunha maneira se pode falar de transparencia.

Informe sobre o estado de conservación das rúas de Cuntis: necesitamos mellorar!

A imaxe que ofrecemos componse en boa medida dos pequenos detalles que acotío poden pasar desapercibidos, pero que tanto para o/a visitante como para o/a residente constitúen deficiencias que moitas delas acumulan demasiado tempo sen atender. É por iso que o perfecto estado de conservación do mobiliario urbano ou a limpeza das rúas debera ser unha prioridade.
Neste informe detállanse as principais deficiencias que deberan resolverse e que, en moitos casos, non requiren grandes investimentos, senón unhas mínimas condicións de mantemento.
Este traballo segue a liña da nosa postura plenamente construtiva e non ten por obxecto facer unha recompilación de defectos, senón un catálogo de prioridades básicas que se poden comezar a atender mañá mesmo.

Por unha contratación pública responsable en Cuntis!

A contratación pública é un dos principais recursos que teñen as administracións para desenvolver e executar políticas sociais. Pode e debe ser unha ferramenta transformadora que contribúa a unha sociedade máis ética e máis sostible, e neste senso, a inclusión de cláusulas sociais e medioambientais na compra pública xoga un papel determinante. O reto é desterrar a concepción tradicional da oferta economicamente máis vantaxosa como aquela que incorpora o prezo máis barato.

Mellor difusión da oferta, máis participación da xente

Veciñanza propón a creación dun boletín que aglutine as distintas actividades que se organizan ao longo do ano en Cuntis. Tamén reclama o aproveitamento dos recursos dixitais para unha mellor difusión das actividades tanto municipais como do tecido asociativo, deportivo e cultural do noso municipio. Toda aquela actividade apoiada con recursos públicos (xa sexan económicos ou materiais) debera ter o soporte informativo da administración local. A iniciativa será levada ao próximo pleno a xeito de moción.